I REGATA CONCELLO DE POIO - SOLITARIOS E A DOUS

O día 17 de abril de 2011 o Club Náutico de Combarro organizou a súa primeira proba oficial. A I Regata Concello de Poio, puntuable para o circuíto galego de solitarios e a dous, tivo unha participación de 30 embarcacións entre as dúas categorías.[ Máis ]

 

REGATA OPEN DE INVERNO 2011

Primeira regata do ano para o Balea Dous que remata acadando o segundo posto da súa clase.[ Máis ]

 

SEMANA DO ATLÁNTICO - REGATA A DOUS

Os días 16 e 17 de outubro de 2010 o Balea Dous participou na regata A Dous da Semana do Atlántico que organiza cada ano o RCN de Vigo.[ Máis ]

 

XVIII REGATA GUARDIAMARINA

Outro ano máis, o Balea Dous sube ao podio na Regata Guardiamarina. Terceiro posto da Clase Cruceiro-Regata.
[ Máis ]

 

O barco de vapor HIDRIA SEGUNDO, en apuros.

No foro náutico LA TABERNA DEL PUERTO, enterámonos das dificultades polas que está a pasar o Hidria Segundo, antigo barco alxibe do porto de Vigo que foi restaurado e posto de novo en funcionamento por Sesé Otero e Jacobo Costas.[ Máis ]

 

BALEA DOUS ACADA O 3º POSTO DA CLASE NA 47ª REGATA RÍAS BAIXAS

Por primeira vez o Balea Dous participou na regata Rías Baixas que ven organizando cada ano polo mes de agosto o RCN de Vigo.

Rematadas as cinco etapas o balance é positivo, pois acadamos trofeo na Clase Cruceiro-Regata-2, o 3º posto, pero con certo regustiño amargo porque o resultado puido ser mellor.[ Máis ]

 

REGATA OPEN DE VERÁN 2010

O BALEA DOUS proclámase campeón da Regata Open de Verán do RCN de Vigo.[ Máis ]

 

REGATA OPEN DE INVIERNO 2010

Comezou o día 9 de xaneiro a primeira serie de regatas que organiza o RCN de Vigo, con sete probas programadas en sábados dos tres primeiros meses do ano.

En principio preséntase unha regata animada con 35 barcos inscritos, os habituais da ría de Vigo con algunha novidade interesante como é a dun Mumm 30, deseño de Farr, que nesta tempada trae Rui Ramada do YC de Porto. Será interesante ver como de desenvolve un barco de 30 pés que anda como un 40.

[ Máis ]

 

XI TROFEO PORTO DE VIGO - ÚLTIMA PROBA

BALEA DOUS REMATA SEGUNDO NA CLASE CRUCEIRO-REGATA

Sábado, 12 de Decembro de 2009.-

Celebrouse este sábado a última proba desta clásica regata de Outono, despois de teren que ser suspendidas dúas probas por causa dos temporais que pasaron no último mes.

Presentábase un día de sol, boa temperatura e previsión de pouco vento, co que temiamos pola suspensión tamén, desta proba.

Deste xeito o Comité de Regata do Náutico de Vigo estableceu un percorrido curto entre Vigo e Domaio con viradas en Lousal, Vigo, Guixar, e entrada en Vigo.

[ Máis ]

 

A Estación Borneira recibe emisións AIS dende 2554 Km.

Bótanse de menos neste período xa case invernal as aperturas de propagación que eran tan habituais no verán.
Parece incrible as distancias a onde poden chegar as pouco potentes emisións de datos AIS, que utilizan a banda marina de VHF, cando as condicións troposféricas son favorables.
O sinal máis lonxano recibido pola Estación Borneira, situada en Cangas, chegou dende a distancia de 2554 Km, ou sexa, bastante máis ao sur das Illas Canarias.[ Máis ]

 

Balea Dous, probador oficial de GPS Race Driver

O Balea Dous entrou a formar parte dos probadores oficiais do GPS Race Driver, un novo sofware táctico para regatas de uso en PDA, e está deseñado para axudar a mellorar as decisións tácticas e o rendemento en regata.
[ Máis ]

 

XI TROFEO PORTO DE VIGO - PRIMEIRA PROBA

Sábado, 14 de Novembro de 2009.-

Celébrase a primeira proba da tradicional serie de Outono que este ano está patrocinada polo Porto de Vigo, e pódese facer porque coincide xustamente na tarde do sábado, unha ventá meteorolóxica de relativa tranquilidade entre dúas frontes moi activas que nos deixan os primeiros temporais do outono, con fortes ventos e abundantes precipitacións. Así pois, atopámonos cunha tarde de condicións excelentes para a vela, con vento de SW que oscila entre os 15 e os 20 nós con algunha racha de algo máis, e unha boa marexada que deixou na ría o temporal de vento das últimas horas.

[ Máis ]

 

SEMANA DO ATLÁNTICO 2009 - REGATA A DOUS.

Sextos na Clasificación Xeral e Primeiros do grupo Cruceiro-Regata.
[ Máis ]

 

TROFEO VILA DE BOUZAS

29 de setembro e 3 de outubro de 2009

Balea Dous, segundo da clase detrás do Arroutado II.[ Máis ]

 

XVII REGATA GUARDIAMARINA – 2009

SEGUNDO CLASIFICADO DE CLASE E CUARTO GLOBAL

Os días 19 e 20 de setembro o Balea Dous participou na Guardiamarina comezando así a tempada de regatas 2009-2010.[ Máis ]