CARTA DE PROTESTA AO MINISTERIO DE FOMENTO

Nestes días estase a facer un envío masivo de cartas a Fomento, por parte de navegantes de recreo de todo o litoral español, para manifestar a indignación ante a excesiva e irracional normativa de obrigado cumprimento, que non ten en conta a realidade da navegación de recreo senon que máis ben parece ter un afan recaudatorio.

Báixate a Carta a Fomento e remítea canto antes[ Máis ]

 

Asóciate a ANAVRE

Querido amigo visitante deste blog:

Se eres navegante, propietario ou usuario de embarcación de recreo, creo que che interesa asociarte a ANAVRE se aínda non te apuntaches.

ANAVRE é a unión de todos os navegantes de recreo, dende windsurfistas a regatistas de alto nivel, pescadores deportivos, ou simplemente, os que só pretenden saír un rato ao mar. É a voz que dará a coñecer os problemas e opinións dos particulares que practicamos esta actividade, é a entidade que, en colaboración con todos os demais axentes do sector, proponse modificar a actual dinámica da náutica de recreo, que asfixia e grava a todos os que aspiramos a practicar o noso soño de disfrutar do mar.

¡FAITE SOCIO/SOCIA!

Entra en www.anavre.org e apúntate.

 

Xorde ANAVRE, a Asociación de Navegantes de Recreo

ANAVRE, siglas que definen á Asociación de Navegantes de Recreo é o resultado dun soño e da vontade dun grupo de persoas, unidas por unha idea básica: Facer da Náutica de Recreo en España unha actividade accesible, pracenteira e rexida por unhas normas sensatas, específicas e similares aos países da nosa contorna.

[ Máis ]

 

REGATA OPEN DE INVERNO 2009 ÚLTIMA PROBA – 21/03/2009

REGATÓN DO BALEA DOUS QUE REMATA FACENDO UN PRIMEIRO

As previsións de vento para esta tarde eran bastante pesimistas. Non máis de 4 nós de NW rolando a NE. Fallaron outra vez. Tivemos un SW moi estable de 8 a 10 nós durante toda a regata.

[ Máis ]

 

REGATA OPEN DE INVERNO 2009 SÉTIMA PROBA – 14/03/2009

Tocaba regata costeira para esta proba, en en vista do estable que parece o vento de SW, o Comité monta o seguinte percorrido: Saída, Tofiño (Eb), Vigo (Bb), Tofiño (Eb) e chegada. 10 millas e media en total. [ Máis ]

 

CHEGAMOS A MADEIRA: 1.176 Km

A excelente propagación da mañá do sábado día 14 de marzo, fixo que a estación Borneira estivera recibindo sinais de barcos ata as mesmas costas da illa de Madeira.
A 1.176 Km estaba o barco Columbia, que ía en rumbo a Panamá, cando deixamos de recibir a súa emisión AIS.[ Máis ]

 

REGATA OPEN DE INVERNO 2009 SEXTA PROBA – 07/03/2009

A regata deste sábado foi un Barolvento-Sotavento de pouca lonxitude, 0,9 Mn entre boias, percorrendo un total de 5,5 Mn.
Vento frouxo de NW con algunhas roladas segundo as zonas.
A saída do Balea foi boa, controlando dende ese momento a posición dos rivais da clase,[ Máis ]

 

REGATA OPEN DE INVERNO 2009 QUINTA PROBA – 28/02/2009

Saída ás 16 h. para realizar o seguinte percorrido: Saída, Tofiño (Eb), Vigo (Bb), Rodeira (Bb), chegada en Vigo.
O percorrido real feito polo Balea Dous recollendo posicións cada 30 segundos co programa WayTRKR e enviado con teléfono mobil a www.localizatodo.com,...[ Máis ]

 

938 Km, nova marca de Borneira MP

A estación Borneira acada unha nova marca, 938 Km, igualando coa máxima conseguida ata agora en www.localizatodo.com, distancia que xa conseguira a estación OCV de A Coruña.
¿Chegaremos a Madeira?
www.localizatodo.com

 

REGATA OPEN DE INVERNO 2009 CUARTA PROBA – 14/02/2009

Realizouse este sábado unha regata costeira de 10 millas con saída nas inmediacións do porto de Vigo e con pasos por Tofiño (Eb), Guixar (Eb), Vigo (Eb), Rodeira (Bb) e chegada en Vigo.[ Máis ]

 

REJATÓN DO SÁBADO 21/02/09

A ver, tripulasion, se queda alguén que se anote ou queda sen rejata este sábado.

Percorrido do Sábado, 21.: Saída en Cangas ás 13 h., con desmarque na Borneira por Babor (Cañas con manises), Ermelo por Estribor (Casa María: cosido de rejlamento). A volta cada un como poida pero iso si, respectando as cunetas cada unha polo lado que corresponda.

Xa veredes como a esta rejata non falla ninguén.

 

MELLORA A COBERTURA DA COSTA ATLÁNTICA NO PROXECTO AIS

A estación Borneira que dende Cangas colabora co Proxecto AIS de www.localizatodo.com unha vez mellorada a antena está acadar un óptimo rendemento na localización de barcos na costa atlántica da Península Ibérica.[ Máis ]

 

REGATA OPEN DE INVERNO 2009 TERCEIRA PROBA – 07/02/2009

Hoxe tocaba a agardada regata longa: Vigo-Morrazán (Ría de Pontevedra)- Vigo

Empezamos a regata bastante ben, afundímonos na Costa de Soavela e ao final, salvámolos mobles.

Primeira saída sobre as 13 horas que ten que ser anulada por fóra de linea masivo. A nosa saída foi moi boa, pero houbo que volver.

Tras a saída boa fomos sempre bastante ben colocados, cos do noso grupo.[ Máis ]

 

REGATA OPEN DE INVERNO 2009 SEGUNDA PROBA – 31/01/2009

Celebrouse na tarde do sábado 31 de xaneiro a segunda regata do Trofeo Open de Inverno do RCN de Vigo, nas horas previas á entrada dunha forte borrasca de Sur que se anunciaba con fortes ventos para o final da tarde. [ Máis ]

 

REGATA OPEN DE INVERNO 2009 PRIMEIRA PROBA – 17/01/2009

A tarde presentábase un tanto estraña polas predicións contraditorias que daban as distintas fontes consultadas.

Pasadas as tres da tarde preparábase unha proba con saída cara Lousal dado que o vento establecido era do ESE, vento que cae momentos antes da saída obrigando a izar gallardete de aprazamento. Media hora máis tarde móntase de novo a liña de saída pero en dirección contraria xa que o vento que entra ven de SO.

[ Máis ]