Balea Dous, probador oficial de GPS Race Driver

O Balea Dous entrou a formar parte dos probadores oficiais do GPS Race Driver, un novo sofware táctico para regatas de uso en PDA, e está deseñado para axudar a mellorar as decisións tácticas e o rendemento en regata.
[ Máis ]

 

XI TROFEO PORTO DE VIGO - PRIMEIRA PROBA

Sábado, 14 de Novembro de 2009.-

Celébrase a primeira proba da tradicional serie de Outono que este ano está patrocinada polo Porto de Vigo, e pódese facer porque coincide xustamente na tarde do sábado, unha ventá meteorolóxica de relativa tranquilidade entre dúas frontes moi activas que nos deixan os primeiros temporais do outono, con fortes ventos e abundantes precipitacións. Así pois, atopámonos cunha tarde de condicións excelentes para a vela, con vento de SW que oscila entre os 15 e os 20 nós con algunha racha de algo máis, e unha boa marexada que deixou na ría o temporal de vento das últimas horas.

[ Máis ]

 

SEMANA DO ATLÁNTICO 2009 - REGATA A DOUS.

Sextos na Clasificación Xeral e Primeiros do grupo Cruceiro-Regata.
[ Máis ]

 

TROFEO VILA DE BOUZAS

29 de setembro e 3 de outubro de 2009

Balea Dous, segundo da clase detrás do Arroutado II.[ Máis ]

 

XVII REGATA GUARDIAMARINA – 2009

SEGUNDO CLASIFICADO DE CLASE E CUARTO GLOBAL

Os días 19 e 20 de setembro o Balea Dous participou na Guardiamarina comezando así a tempada de regatas 2009-2010.[ Máis ]

 

CARTA DE PROTESTA AO MINISTERIO DE FOMENTO

Nestes días estase a facer un envío masivo de cartas a Fomento, por parte de navegantes de recreo de todo o litoral español, para manifestar a indignación ante a excesiva e irracional normativa de obrigado cumprimento, que non ten en conta a realidade da navegación de recreo senon que máis ben parece ter un afan recaudatorio.

Báixate a Carta a Fomento e remítea canto antes[ Máis ]

 

Asóciate a ANAVRE

Querido amigo visitante deste blog:

Se eres navegante, propietario ou usuario de embarcación de recreo, creo que che interesa asociarte a ANAVRE se aínda non te apuntaches.

ANAVRE é a unión de todos os navegantes de recreo, dende windsurfistas a regatistas de alto nivel, pescadores deportivos, ou simplemente, os que só pretenden saír un rato ao mar. É a voz que dará a coñecer os problemas e opinións dos particulares que practicamos esta actividade, é a entidade que, en colaboración con todos os demais axentes do sector, proponse modificar a actual dinámica da náutica de recreo, que asfixia e grava a todos os que aspiramos a practicar o noso soño de disfrutar do mar.

¡FAITE SOCIO/SOCIA!

Entra en www.anavre.org e apúntate.

 

Xorde ANAVRE, a Asociación de Navegantes de Recreo

ANAVRE, siglas que definen á Asociación de Navegantes de Recreo é o resultado dun soño e da vontade dun grupo de persoas, unidas por unha idea básica: Facer da Náutica de Recreo en España unha actividade accesible, pracenteira e rexida por unhas normas sensatas, específicas e similares aos países da nosa contorna.

[ Máis ]

 

REGATA OPEN DE INVERNO 2009 ÚLTIMA PROBA – 21/03/2009

REGATÓN DO BALEA DOUS QUE REMATA FACENDO UN PRIMEIRO

As previsións de vento para esta tarde eran bastante pesimistas. Non máis de 4 nós de NW rolando a NE. Fallaron outra vez. Tivemos un SW moi estable de 8 a 10 nós durante toda a regata.

[ Máis ]

 

REGATA OPEN DE INVERNO 2009 SÉTIMA PROBA – 14/03/2009

Tocaba regata costeira para esta proba, en en vista do estable que parece o vento de SW, o Comité monta o seguinte percorrido: Saída, Tofiño (Eb), Vigo (Bb), Tofiño (Eb) e chegada. 10 millas e media en total. [ Máis ]

 

CHEGAMOS A MADEIRA: 1.176 Km

A excelente propagación da mañá do sábado día 14 de marzo, fixo que a estación Borneira estivera recibindo sinais de barcos ata as mesmas costas da illa de Madeira.
A 1.176 Km estaba o barco Columbia, que ía en rumbo a Panamá, cando deixamos de recibir a súa emisión AIS.[ Máis ]

 

REGATA OPEN DE INVERNO 2009 SEXTA PROBA – 07/03/2009

A regata deste sábado foi un Barolvento-Sotavento de pouca lonxitude, 0,9 Mn entre boias, percorrendo un total de 5,5 Mn.
Vento frouxo de NW con algunhas roladas segundo as zonas.
A saída do Balea foi boa, controlando dende ese momento a posición dos rivais da clase,[ Máis ]

 

REGATA OPEN DE INVERNO 2009 QUINTA PROBA – 28/02/2009

Saída ás 16 h. para realizar o seguinte percorrido: Saída, Tofiño (Eb), Vigo (Bb), Rodeira (Bb), chegada en Vigo.
O percorrido real feito polo Balea Dous recollendo posicións cada 30 segundos co programa WayTRKR e enviado con teléfono mobil a www.localizatodo.com,...[ Máis ]

 

938 Km, nova marca de Borneira MP

A estación Borneira acada unha nova marca, 938 Km, igualando coa máxima conseguida ata agora en www.localizatodo.com, distancia que xa conseguira a estación OCV de A Coruña.
¿Chegaremos a Madeira?
www.localizatodo.com

 

REGATA OPEN DE INVERNO 2009 CUARTA PROBA – 14/02/2009

Realizouse este sábado unha regata costeira de 10 millas con saída nas inmediacións do porto de Vigo e con pasos por Tofiño (Eb), Guixar (Eb), Vigo (Eb), Rodeira (Bb) e chegada en Vigo.[ Máis ]