BALEA DOUS ACADA O 3º POSTO DA CLASE NA 47ª REGATA RÍAS BAIXAS

Por primeira vez o Balea Dous participou na regata Rías Baixas que ven organizando cada ano polo mes de agosto o RCN de Vigo.

Rematadas as cinco etapas o balance é positivo, pois acadamos trofeo na Clase Cruceiro-Regata-2, o 3º posto, pero con certo regustiño amargo porque o resultado puido ser mellor.[ Máis ]

 

REGATA OPEN DE VERÁN 2010

O BALEA DOUS proclámase campeón da Regata Open de Verán do RCN de Vigo.[ Máis ]

 

REGATA OPEN DE INVIERNO 2010

Comezou o día 9 de xaneiro a primeira serie de regatas que organiza o RCN de Vigo, con sete probas programadas en sábados dos tres primeiros meses do ano.

En principio preséntase unha regata animada con 35 barcos inscritos, os habituais da ría de Vigo con algunha novidade interesante como é a dun Mumm 30, deseño de Farr, que nesta tempada trae Rui Ramada do YC de Porto. Será interesante ver como de desenvolve un barco de 30 pés que anda como un 40.

[ Máis ]

 

XI TROFEO PORTO DE VIGO - ÚLTIMA PROBA

BALEA DOUS REMATA SEGUNDO NA CLASE CRUCEIRO-REGATA

Sábado, 12 de Decembro de 2009.-

Celebrouse este sábado a última proba desta clásica regata de Outono, despois de teren que ser suspendidas dúas probas por causa dos temporais que pasaron no último mes.

Presentábase un día de sol, boa temperatura e previsión de pouco vento, co que temiamos pola suspensión tamén, desta proba.

Deste xeito o Comité de Regata do Náutico de Vigo estableceu un percorrido curto entre Vigo e Domaio con viradas en Lousal, Vigo, Guixar, e entrada en Vigo.

[ Máis ]

 

A Estación Borneira recibe emisións AIS dende 2554 Km.

Bótanse de menos neste período xa case invernal as aperturas de propagación que eran tan habituais no verán.
Parece incrible as distancias a onde poden chegar as pouco potentes emisións de datos AIS, que utilizan a banda marina de VHF, cando as condicións troposféricas son favorables.
O sinal máis lonxano recibido pola Estación Borneira, situada en Cangas, chegou dende a distancia de 2554 Km, ou sexa, bastante máis ao sur das Illas Canarias.[ Máis ]

 

Balea Dous, probador oficial de GPS Race Driver

O Balea Dous entrou a formar parte dos probadores oficiais do GPS Race Driver, un novo sofware táctico para regatas de uso en PDA, e está deseñado para axudar a mellorar as decisións tácticas e o rendemento en regata.
[ Máis ]

 

XI TROFEO PORTO DE VIGO - PRIMEIRA PROBA

Sábado, 14 de Novembro de 2009.-

Celébrase a primeira proba da tradicional serie de Outono que este ano está patrocinada polo Porto de Vigo, e pódese facer porque coincide xustamente na tarde do sábado, unha ventá meteorolóxica de relativa tranquilidade entre dúas frontes moi activas que nos deixan os primeiros temporais do outono, con fortes ventos e abundantes precipitacións. Así pois, atopámonos cunha tarde de condicións excelentes para a vela, con vento de SW que oscila entre os 15 e os 20 nós con algunha racha de algo máis, e unha boa marexada que deixou na ría o temporal de vento das últimas horas.

[ Máis ]

 

SEMANA DO ATLÁNTICO 2009 - REGATA A DOUS.

Sextos na Clasificación Xeral e Primeiros do grupo Cruceiro-Regata.
[ Máis ]

 

TROFEO VILA DE BOUZAS

29 de setembro e 3 de outubro de 2009

Balea Dous, segundo da clase detrás do Arroutado II.[ Máis ]

 

XVII REGATA GUARDIAMARINA – 2009

SEGUNDO CLASIFICADO DE CLASE E CUARTO GLOBAL

Os días 19 e 20 de setembro o Balea Dous participou na Guardiamarina comezando así a tempada de regatas 2009-2010.[ Máis ]

 

CARTA DE PROTESTA AO MINISTERIO DE FOMENTO

Nestes días estase a facer un envío masivo de cartas a Fomento, por parte de navegantes de recreo de todo o litoral español, para manifestar a indignación ante a excesiva e irracional normativa de obrigado cumprimento, que non ten en conta a realidade da navegación de recreo senon que máis ben parece ter un afan recaudatorio.

Báixate a Carta a Fomento e remítea canto antes[ Máis ]

 

Asóciate a ANAVRE

Querido amigo visitante deste blog:

Se eres navegante, propietario ou usuario de embarcación de recreo, creo que che interesa asociarte a ANAVRE se aínda non te apuntaches.

ANAVRE é a unión de todos os navegantes de recreo, dende windsurfistas a regatistas de alto nivel, pescadores deportivos, ou simplemente, os que só pretenden saír un rato ao mar. É a voz que dará a coñecer os problemas e opinións dos particulares que practicamos esta actividade, é a entidade que, en colaboración con todos os demais axentes do sector, proponse modificar a actual dinámica da náutica de recreo, que asfixia e grava a todos os que aspiramos a practicar o noso soño de disfrutar do mar.

¡FAITE SOCIO/SOCIA!

Entra en www.anavre.org e apúntate.

 

Xorde ANAVRE, a Asociación de Navegantes de Recreo

ANAVRE, siglas que definen á Asociación de Navegantes de Recreo é o resultado dun soño e da vontade dun grupo de persoas, unidas por unha idea básica: Facer da Náutica de Recreo en España unha actividade accesible, pracenteira e rexida por unhas normas sensatas, específicas e similares aos países da nosa contorna.

[ Máis ]

 

REGATA OPEN DE INVERNO 2009 ÚLTIMA PROBA – 21/03/2009

REGATÓN DO BALEA DOUS QUE REMATA FACENDO UN PRIMEIRO

As previsións de vento para esta tarde eran bastante pesimistas. Non máis de 4 nós de NW rolando a NE. Fallaron outra vez. Tivemos un SW moi estable de 8 a 10 nós durante toda a regata.

[ Máis ]

 

REGATA OPEN DE INVERNO 2009 SÉTIMA PROBA – 14/03/2009

Tocaba regata costeira para esta proba, en en vista do estable que parece o vento de SW, o Comité monta o seguinte percorrido: Saída, Tofiño (Eb), Vigo (Bb), Tofiño (Eb) e chegada. 10 millas e media en total. [ Máis ]