A Estación Borneira recibe emisións AIS dende 2554 Km.

Bótanse de menos neste período xa case invernal as aperturas de propagación que eran tan habituais no verán.
Parece incrible as distancias a onde poden chegar as pouco potentes emisións de datos AIS, que utilizan a banda marina de VHF, cando as condicións troposféricas son favorables.
O sinal máis lonxano recibido pola Estación Borneira, situada en Cangas, chegou dende a distancia de 2554 Km, ou sexa, bastante máis ao sur das Illas Canarias.[ Máis ]

 

CHEGAMOS A MADEIRA: 1.176 Km

A excelente propagación da mañá do sábado día 14 de marzo, fixo que a estación Borneira estivera recibindo sinais de barcos ata as mesmas costas da illa de Madeira.
A 1.176 Km estaba o barco Columbia, que ía en rumbo a Panamá, cando deixamos de recibir a súa emisión AIS.[ Máis ]

 

938 Km, nova marca de Borneira MP

A estación Borneira acada unha nova marca, 938 Km, igualando coa máxima conseguida ata agora en www.localizatodo.com, distancia que xa conseguira a estación OCV de A Coruña.
¿Chegaremos a Madeira?
www.localizatodo.com

 

MELLORA A COBERTURA DA COSTA ATLÁNTICA NO PROXECTO AIS

A estación Borneira que dende Cangas colabora co Proxecto AIS de www.localizatodo.com unha vez mellorada a antena está acadar un óptimo rendemento na localización de barcos na costa atlántica da Península Ibérica.[ Máis ]

 

PROXECTO AIS

Dende esta semana entrou en funcionamento, aínda con instalación provisional en fase de probas, a estación colaboradora do Proxecto AIS, Borneira, ubicada en Cangas do Morrazo.[ Máis ]