XI TROFEO PORTO DE VIGO - ÚLTIMA PROBA

BALEA DOUS REMATA SEGUNDO NA CLASE CRUCEIRO-REGATA

Sábado, 12 de Decembro de 2009.-

Celebrouse este sábado a última proba desta clásica regata de Outono, despois de teren que ser suspendidas dúas probas por causa dos temporais que pasaron no último mes.

Presentábase un día de sol, boa temperatura e previsión de pouco vento, co que temiamos pola suspensión tamén, desta proba.

Deste xeito o Comité de Regata do Náutico de Vigo estableceu un percorrido curto entre Vigo e Domaio con viradas en Lousal, Vigo, Guixar, e entrada en Vigo.

En principio mantense un vento duns oito nós de Nordés, que move sen dificultades aos barcos. O Balea fai unha saída moi axustada, con risco de ser botado fóra da liña polas orzadas dos barcos de sotavento que se vían apurados ante a proximidade da boia de sotavento.

A pouco da saída, tendo a zona de barlovento libre, viramos a estribor e decidimos polo bordo sur.

Por esta opción tamén se deciden Arroutado, Reira, Menudeta,... , nós prolongamos máis o bordo ata Punta Lagoa e entramos no vento da Guía co que facemos unha proa 15º mellor cos demais barcos que van máis polo medio do canal.

Viramos Lousal por detrás de Reira e Baltea e comezamos unha empopada ata Vigo. Achegámonos a Baltea amurados a estribor e cando trasluchamos quedamos ao seu barlovento e non tardamos en superalo. Continuamos por popa do Reira ata a baliza de Vigo. Apuramos o spí ata a mesma baliza e nunha virada axustada pasamos por dentro ao Reira que perde bastante na arriada de spí.

Tras unha ceñida rápida de 0,75 mn ata Guixar e igual distancia de empopada ata a meta conseguimos manter a vantaxe sobre o Reira e facer un segundo posto detrás do Arroutado que nos vale para ascender un posto na clasificación xeral da clase e rematar así este trofeo en segundo lugar.

Rematamos así un ano máis sen baixar do podio en ningunha das regatas en que participamos.


Crónica en www.rcnauticovigo.com

 






Enviar un comentario

Nome:
Correo electrónico:
URL:
O teu comentario:

sintaxe html: deshabilitado